Autismo España e a Universidad de Sevilla lanzan asegunda edición da formación sobre accesibilidade cognitiva e fomento da empregabilidade.

Jun 14, 2023 | 0 Comentarios

O curso “Equipos validadores de Lectura Fácil e entornos accesibles” conta co financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. O obxectivo do curso é proporcionar unha experiencia práctica inicial a persoas dinamizadoras e validadoras na adaptación e validación de material en lectura fácil e na legibilidade de entornos urbanos e interiores.

Detalles da formación:

  • Formato: online a través do campus Autismo España-Ángel Riviére
  • Duración: 75h, homologables por 3 créditos ECTS
  • Prazas: 50 prazas
  • Dirixido a: persoas no espectro do autismo e profesionais das entidades
  • Prezo: gratuito
  • Prazo de inscripción: ata o 12 de xullo, 16h

*Importante ter o impreso cuberto e asinado para adxuntalo a solicitude de presincripción

**Para a selección de prazas: No caso dunha gran demanda, terán preferencia as persoas que solicitaron a súa admisión no curso anterior e quedaron en lista de espera. Ademais, terase en conta a orde de preinscrición a través do formulario, priorizando a participación e formación de equipos validadores completos de cada entidade (profesionais + usuarios/as con autismo) do maior número de territorios posible e de entidades que non se formaran na edición anterior. As demais persoas interesadas pasarán á lista de espera.