
Proyecto camuflaje
Dende o Grupo de Medicina Xenómica (GMX), coordinado por o Dr. Ángel Carracedo, están difundindo un proxecto de investigación enfocado no estudio do camuflaxe en TEA, cuxa investigadora principal é Montse Fernández Prieto.
O camuflaxe de trazos autistas no Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) provoca un efecto limitante á hora de lograr un diagnóstico adecuado e precoz. Isto ocorre significativamente máis en mulleres con TEA pouco sindrómico e sen discapacidade intelectual, pero tamén no caso de moitos homes.
O obxectivo do noso estudo é validar un cuestionario para avaliar o camuflaxe de trazos autistas, o CAT-Q-Spanish. Este cuestionario consta de dous formatos:
- Forma autoadministrada (a partir dos 16 anos), que a persoa con TEA completa por si mesma.
- Forma parental (de 12 a 18 anos), que cubren o pai e/ou a nai sobre o seu fillo/a de 12 a 18 anos con TEA.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos, con diagnóstico de TEA ou poboación sa. A participación consiste en cubrir unha serie de cuestionarios en liña que miden aspectos sociodemográficos, emocionais e relacionais. Este proceso ten unha duración aproximada de 20 minutos e debe realizarse nunha única sesión. Lembra que a participación é completamente voluntaria e podes abandonar o proceso en calquera momento.
Por outra banda, si o teu fillo ou filla ten entre 16 e 18 anos, podedes participar tamén noutro proxecto que consiste en que o trío familiar completo (xoven con TEA entre 16-18 anos, pai e nai) cubran o CAT-1
Os datos de ambos proxectos aloxaranse nun enlace seguro de internet, amparado pola Universidade de Santiago de Compostela, onde poderedes cubrilos de forma completamente anónima: non se recollerán datos persoais que permitan identificar ás persoas implicadas e traballaremos en todo momento con códigos.